martes, julio 11, 2017

Chegará un día




                                                 Imaxe do poemario "Zurcindo Latexos"


Chegará un día
en que non escoite
o arrastrar dos pasos
na linguaxe das rochas
(vencidos pola artrose),

un día no que o pulo
decida tropezar co tempo
da desidia
(na hora dos pexegueiros).

Serei débil para buscarte
en calquera esquina.




Pasaron tres anos desde que escribín o poema. Unha pérdida que todavía non se producira, pero que sólo de pensalo entristecía o meu corazón. Agora, despois destes tres anos sucedeu. Hoxe, estes versos comprenden outra nova dimensión.
Quérote papá.



2 comentarios:

  1. Non podería añadir unha palabra despóis de leer un poema que o dice todo.
    Sinte unha fonda aperta. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas balbi. Grazas tamén pola túa aperta sentida. Bicos.

    ResponderEliminar