sábado, abril 25, 2015

Quizais haxa unha segunda oportunidade

                                                   Primavera- Natalia Derevyanko




quizais haxa unha segunda oportunidade
onde remendar con fíos dourados os desdéns
quizais o mundo pare de xirar
e comece de novo no punto exacto
onde habitan os primeiros xermolos

si, quizais haxa un punto de retorno
onde o arrepentemento busque liberación
e a espesa néboa se disipe co canto
dun paporroibo