antes do un….
mirada lasciva que provoca ao propio corpo
arumes que se cravan na pel erizada
veas dilatadas por un só pensamento
peitos que tremen imaxinando…
un….
ti e máis eu
dous…
a proclama do desexo
o xogo pracentero
dunhas caricias
suspiros que embriagan o aire
dedos que deletrean unha nova viaxe
tres…
debuxando o pracer con cada latido
atrapando a fórmula máxica
dun frenesí acompasado